Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Reseñas breves PDF Imprimir Correo-e
Reseñas breves de libros e informes.

 

O sistema de responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos

Luís Villares Naveira, Xuíz Titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Fonsagrada é o autor do traballo "Estudo crítico do sistema de responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos. Ensinanzas do Prestige" publicado na Revista Xurídica Galega (REXURGA) coa colaboración da Fundación Galiza Sempre. O estudo realizouse no marco dunha investigación pluridisciplinar sobre os efectos da catástrofe do Prestige dirixida por María do Carme García Negro, Profesora Titular do Departamento de Economia Aplicada e coordenadora do Equipo de Investigación sobre Economía Pesqueira e Recursos Naturais da Universidade de Santiago de Compostela. No acto de presentación da publicación, Luís Villares sinalou a necesidade de "superar este sistema xurídico falsario que deixa a salvo os propietarios da carga, os beneficiarios dela e outra serie de intermediarios que están quedando libres".

carballo_con_botas.jpgO carballo con botas

O carvalho com botas, personage e história habitual do "atrapador de contos" Anxo Moure inaugura editorial e começa a sua andaina em papel 100% reciclado. 2 Teixos Editora publica, dentro da colecçom "Os libros da ciclobiblioteca", o conto de Anxo Moure "O carballo con botas", ilustrado por Tino Varela. Os benefícios da sua venda serám destinados ao projecto Plantabosques de Xevale-FEG.

Cadernos Schumacher para a sustentabilidade

"Transformar a Economia. Desafio para o terceiro milénio", de James Robertson, e "Criar cidades sustentáveis", de Herbert Girardet, son as dúas primeiras edicións da colección Cadernos Schumacher para a sustentabilidade , da portuguesa Edições Sempre-em-Pé , inspirada pola figura do pensador Ernst Friedrich Schumacher, autor do célebre "O pequeno é belo". A presentación destes libros contou coa colaboración do Proxecto Cidades sustentáveis.info, desenvolvido polo Grupo de Estudos Ambientais da Escola Superior de Biotecnologia da Universidade Católica Portuguesa.

Medidas para deter a perda de biodiversidade

No ano 2001 todos os Xefes de Goberno da Unión Europea (UE) comprometéronse a deter a perda de biodiversidade para 2010. Cando resta pouco tempo para que se cumpra o devandito prazo, é evidente que a UE fracasou no seu obxectivo. Non se adoptaron as medidas realmente necesarias para lograr deter a perda de biodiversidade, xa que non se tiveron en conta as raíces socioeconómicas da redución da biodiversidade, nin se condicionaron as diferentes políticas sectoriais ás necesidades da conservación e rexeneración da natureza. Para que a taxa de perda de biodiversidade comece a diminuír, a confederación estatal Ecologistas en Acción presentou o documento "62 medidas, no milagrosas, para detener la pérdida de biodiversidad".

As áreas importantes para a conservación das aves en España

Na véspera do 30 aniversario da Directiva europea de Aves, SEO/BirdLife presentou un o documento "Estado de conservación de las áreas importantes para la conservación de las aves (IBA)", no que  se analisa a situación das IBA no Estado español. Os resultados da análise realizada demostran que o 75% das IBA áchanse nun estado de conservación desfavorábel e que no 36% no se levou a cabo actuación de conservación algunha. Só nun 9% das IBA se pode considerar que non existe deterioración. España non está cumprindo coas obrigas da Directiva de Aves. 

Informe científico sobre as consecuencias ambientais dos agrocombustíbeis

Máis de 75 científicos de 21 países prepararon "Biofuels: Environmental Consequences and Interactions with Changing Land Use", un informe de avaliación sobre as consecuencias ambientais dos agrocombustíbeis. Robert Howarth, da Cornell University (EEUU), e Stefan Bringezu, do Wuppertal Institute (Alemaña) son os coordenadores desta publicación que aborda varios aspectos dos agrocombustíbeis, considerando o estado do coñecemento científico até finais de 2008. De acordo coa presentación do informe feita polo Wuppertal Institute, se ben nalgúns casos os agrocombustíbeis poden supor beneficios ambientais e sociais, a expansión a grande escala dos cultivos enerxéticos para a obtención de combustíbeis destinados ao transporte pode implicar diversos problemas socioambientais. A crecente demanda de agrocombustíbeis importados en Europa conlevará perdas de biodiversidade e emisións adicionais de gases de efecto invernadoiro. O resumo e os capítulos da publicación poden descargarse gratuitamente desde: http://cip.cornell.edu/biofuels/.

 
< Ant.