| Reseñas breves |
|
|
|
|
Reseñas breves de libros, informes, webs,...
50 anos do desecamento da lagoa de Antela A Torre do Castro , revista cultural e turística do concello de Sandiás (A Limia), dedica o seu segundo número aos 50 anos do comezo das obras de desecamento da que foi unha das zonas húmidas interiores máis valiosas da Península Ibérica: a lagoa de Antela. Lendas, biodiversidade, feitos históricos e unha reportaxe sobre o novo Centro de Interpretación deste espazo compoñen o groso deste novo número de A Torre do Castro.
Transporte e pegada ecolóxica en Galicia Transport and sustainable development: impact of the systems of population mobility and goods on the ecological footprint in Galicia é un artigo de Fernando González Laxe, Francisco Martín Palmero e Fernanda Miguélez Pose que analisa o transporte como compoñente da pegada ecolóxica de Galicia. O transporte supón unha porcentaxe moi alta do noso consumo de derivados do petróleo e, por conseguinte, ten un forte peso na elevada pegada ecolóxica do país. Isto é debido a que a mobilidade de persoas e mercadorías depende en moi grande medida do coche e do camión.
Relatorios da VII Conferencia Anual de ASPO ASPO son as siglas en inglés da Asociación para o Estudo do Pico do Petróleo e do Gas, unha rede informal integrada por persoas do mundo científico e doutros ámbitos interesadas en determinaren a data e os impactos do teito e posterior declive da produción mundial de petróleo e gas. Estes combustíbeis fóseis non se esgotarán de súpeto. Logo de a súa produción atinxir un pico ou teito (que pode estar moi próximo no caso do petróleo), diminuirá rapidamente, o que terá consecuencias moi serias en sociedades aditas ao petróleo como a nosa. Preparármonos para este escenario, reducindo a nosa dependencia do petróleo, é cada vez máis necesario se queremos evitar graves traumas socioeconómicos. En outubro pasado celebrouse en Barcelona a VII Conferencia de ASPO. Desde o moi recomendábel sitio web "Crisis energética ", animado por AEREN-Aspo Spain, pódense descargar os interesantes relatorios presentados durante esta conferencia internacional.
A natureza en España, máis protexida pero máis ameazada que nunca
Consumir menos, vivir mellor "Consumir menos, vivir mejor: Ideas prácticas para un consumo más consciente ", de Toni Lodeiro, ofrece centos de ideas para unha vida cotiá máis sustentábel. Pódese descargar gratuitamente desde a web de CIP-Ecosocial , segundo a cal, o que caracteriza a este libro fronte a outras publicacións sobre consumo responsábel e vida sá é a " súa ollada "radical" (que procura as raíces dos problemas) e crítica coas falsas alternativas, a súa atención especial ás emocións e ás relacións personais, e un intento de unir pracer e ética, fuxindo de posturas moralistas"
Para saber máis sobre a crise alimentaria global A campaña "No te Comas el Mundo" vén de publicar algúns documentos con información sobre a crise alimentaria global que se poden descarregar en formato pdf. "Especulandia. Introducción a la especulación alimentaria" é un informe de 19 páxinas elaborado por Ferrán Garcia co que coñecer a relación entre a crise dos prezos dos alimentos e a especulación financeira. "Introducción a la crisis alimentaria global" é un libriño de 64 páxinas publicado por "No te Comas el Mundo" (ODG, VSF e Xarxa de Consum Solidari), Grain e Entrepueblos, no que se recollen artigos de Eric Holt e Loren Peabody; Ferrán Garcia, Marta Rivera e Miquel Ortega; Alejandro Nadal; Vandana Shiva,...
|
| < Ant. |
|---|