|
Roxelio P. Moreira, profesor do Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago e autor de diversos libros de temática ambiental, como "Ecoloxía forestal e ordenación do bosque" e "Diversidade natural de Galicia", foi un dos principais protagonistas das loitas ecoloxistas dos anos 80 no noso país. Primeiro coordenador da Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galicia -que hoxe ten continuidade a través da Federación Ecoloxista Galega (FEG)-, Roxelio P. Moreira é unha testemuña imprescindible para coñecermos unha parte da historia do ecoloxismo galego.
Unha entrevista por Xosé Veiras.
|
|
Ler máis...
|